O CAXIGO

Impulsando o futuro agro-gandeiro dende 1986

Benvidos a O Caxigo, a túa cooperativa agro-gandeira de confianza

Con máis de 38 anos de experiencia, en O Caxigo traballamos para fortalecer o desenvolvemento agrícola e gandeiro da nosa comunidade.

Ofrecemos aos nosos socios servizos técnicos, asesoramento personalizado e unha ampla gama de suministros e produtos de alta calidade, sempre cun enfoque sostible e colaborativo.

Servizos personalizados para o sector

Asesoramento e administración

Xestionamos seguros agrícolas, axudas públicas (PAC), consultas catastrais e trámites relacionados coa explotación. Asegurámonos de que cumpras cos requisitos normativos sen complicacións.

Comercialización de leite

Como socios, unimos esforzos para negociar as mellores condicións contractuais cos compradores. Maximizamos o valor da túa produción ao agrupar a comercialización de leite dos nosos socios.

Servizo técnico

Asistencia personalizada na túa explotación agrícola ou gandeira. Se necesitas ausentarte, o noso equipo encárgase de substituírete e manter o teu negocio en marcha.

Supermercado especializado

No noso supermercado atoparás todo o que necesitas para o teu día a día no campo:
  • Alimentación animal e produtos para o gando
  • Fertilizantes e abonos de alta calidade
  • Forraxes (palla e alfalfas)
  • Produtos de hixiene de ordeño e medicamentos veterinarios
  • Vestiario laboral, calzado e ferraxería

Únete a O Caxigo

Formar parte de O Caxigo é máis que pertencer a unha cooperativa.

É ser parte dunha comunidade que che apoia en cada paso do teu camiño.

Como socio, accederás a servizos exclusivos, beneficios na comercialización da túa produción e solucións deseñadas para as túas necesidades.