Supermercado

Todo o que necesitas, nun só lugar

Produtos para a explotación gandeira e agrícola

En O Caxigo, ofrecemos unha completa gama de produtos esenciais para a túa explotación gandeira e agrícola: desde piensos e fertilizantes ata solucións para a hixiene e coidado animal, sempre con calidade garantizada.

Alimentación animal e forraxes

Piensos, palla e alfalfas para garantir unha dieta equilibrada para o teu gando

Hixiene de ordeño e medicinas

Todo o necesario para o coidado dos teus animais, incluíndo sulfatos fitosanitarios e zoosanitarios

Fertilizantes e abonos

Produtos de alta calidade para mellorar o rendemento dos teus cultivos

Alimentación animal e droguería

Dispoñemos de produtos de primeira necesidade para o fogar, como alimentos básicos, produtos de limpeza e coidado persoal. Todo o que necesitas para o teu día a día, coa comodidade de telo preto.

En O Caxigo, garantimos que os produtos de consumo diario cumpren cos estándares de calidade que esperas. Perfecto tanto para uso doméstico como profesional.

Ferraxería

A nosa sección de ferraxería ofrece ferramentas e materiais esenciais para o mantemento da túa explotación. Desde pequenos accesorios ata equipamento de uso frecuente, aquí encontrarás o que necesitas para realizar as túas tarefas con eficacia.

Ademais, contamos cun equipo que pode asesorarte na elección das ferramentas adecuadas segundo os teus proxectos ou necesidades específicas.

Vestiario laboral e calzado

Traballar no campo require comodidade e seguridade. Por iso, en O Caxigo ofrecemos unha liña completa de vestiario laboral, calzado resistente e accesorios deseñados para soportar as condicións máis esixentes.

Todos os nosos produtos están seleccionados pensando no teu benestar e protección, con opcións para diferentes tipos de traballo e actividades.

Coñece O Caxigo

En O Caxigo, combinamos experiencia, compromiso e unha atención personalizada para asegurar que a túa explotación creza de maneira sostible.