Unidos polo progreso do sector agro-gandeiro
Desde 1986, crecemos xunto aos agricultores e gandeiros que confían en nós. O que comezou como un pequeno grupo coa visión de traballar xuntos para enfrontar os desafíos do sector, hoxe é unha cooperativa consolidada que combina tradición, innovación e un forte compromiso cos seus socios.
Ao longo dos anos, evolucionamos para responder ás necesidades cambiantes da comunidade agro-gandeira, integrando novas tecnoloxías e servizos para garantir o éxito das explotacións.
A misión de O Caxigo é apoiar aos agricultores e gandeiros proporcionando servizos de alta calidade, asesoramento técnico e produtos necesarios para a explotación sostible das súas actividades. Traballamos para mellorar a produtividade e competitividade das explotacións, contribuíndo ao desenvolvemento sostible da comunidade agro-gandeira.
A visión de O Caxigo é ser un referente en solucións integradas para o sector agro-gandeiro, destacándonos pola nosa capacidade de adaptarnos ás necesidades dos socios e pola nosa innovación constante. Queremos asegurar un futuro próspero e sostible para os nosos socios, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social da rexión.
En O Caxigo, creemos que o éxito constrúese xuntos. Ao unirte á nosa cooperativa, accedes a beneficios exclusivos, servizos personalizados e o apoio dun equipo que entende as túas necesidades.
¡Escríbenos ahora!